Deixo o vinculo que me chegou a min:
Sólo los usuarios registrados pueden ver los Links.
Register or
Loginhttp://www.elpais.com/articulo/sociedad/asignaturas/marcaran/via/Bachillerato/FP/elpepusoc/20101003elpepusoc_2/Tes
A raíz do problema unha vez máis, está no feito de que os que toman as decisións, é evidente que descoñecen os contidos que se imparten na materia de Tecnoloxía Industrial, e a importancia coa que contribúe ésta, a que os alumnos que van a facer enxeñerias e outras carreiras de ciencias, leven una boa base para a universidade. Ou isto, ou lles importa pouco a preparación dos rapaces .....Partindo disto, de que como estamos a ver, os “responsables” que toman este tipo de decisións en materia educativa, son igual de “competentes” que os que as toman noutros ámbitos, non sei qué se poderá facer…. Xeralmente cando un non sabe dun tema, tenta rodearse de xente que o coñece, asesorarse antes de tomar decisións, e máis cando se trata de decisión que afectan a moita xente….Aquí vemos que as decisións se toman tirando os dados, e logo, se a xente da moito o coñazo, recúan e cambiana... Da vergoña allea ver esta forma de proceder, e algo de medo, cando un se da conta de que non é xente capacitada a que está o frente de cuestións importantes. A calquera que coñeza o curriculum da materia de Tecnoloxía Industrial, vendo esta medida que pretenden tomar, quédanselle os ollos cadrados………E que é totalmente incoherente……….
Coido que estaría ben enviar cartas a varios periódicos explicando o por qué os alumnos que van a ir á universidade se isto sae adiante, van ir moito peor preparados cando non teñan Tecnoloxía. Que os pais se vaian enterando. Os rapaces saben ben o que aprenden nesta materia ….e ven que cando chegan a primeiro de carreira, saben de electrotecnia, de mecánica, de materiais, de electrónica dixital, de motores térmicos e eléctricos, de sistemas de control………Todo iso, se desaparece a Tecnoloxía para os que vaian á universidade, deixaran de levalo como coñecementos previos. Iso sí, seguirán dominando a Historia de España e a Filosofía. Iso nin tocalo eh!.....en todo caso, para aumentarlles as horas
……Se non fose porque este tipo de actuacións teñen consecuencias para os alumnos, sería ata para rirse dos incapaces que formulan este tipo de propostas……….